Esta web emprega cookies propias para mellorar a experiencia do usuario e cookies de terceiros (Google Analytics) para analizar o tráfico do sitio. Visita a nosa Política de cookies para saber máis.
Noticias recentes
O CARBALLO INTERPLAY RECOÑECE A T-REX COMO MELLOR SERIE E PREMIA O TALENTO DIXITAL EN GALEGO DE MIRADENOVO E ANTONTÍSIMO
Videoteca
Sobrevivir en galego nas redes sociais
Crear contido en galego nas redes: unha idea consciente ou un acto de fe? Nesta conversa Prado Rúa e Konachadas falan de algoritmos, hate, oportunidades e de por que, a pesar de todo, seguen rosmando a base de virais. Unha hora para expoñer a pouca vergoña que lles queda e botar algún que outro rexoubeo.
Prado Rúa e Konachadas
Radicalmente online – Activismo en redes sociais
Este obradoiro de activismo creativo é unha aceleradora de proxectos activistas, impartido por Marina G. Canedo, creadora e estratega de teta&teta e referente en comunicación política e cultura dixital.
Analizaremos como funcionan hoxe a cultura, os medios de comunicación e o discurso político na era do scroll sen fin, identificando cando a comunicación con propósito xera transformación e cando é simplemente maquillaxe, greenwashing, pinkwashing ou activismo performativo.
Exploraremos como deseñar estratexias que produzan conversa e movemento reais, non só alcance ou contido para subirse a “o que toca”. Este obradoiro invítanos a converternos en axentes de cambio, capaces de ler, pensar e activar cuestións sociais máis alá da estética do propósito.
Porque un mundo limitado á venda de produtos é, ademais de ser peor, moito máis aburrido.
María G. Canedo
Revista Clara Corbelhe #5: Soberanía dixital contra o poder algorítmico
Nesta edición do Carballo Interplay teremos unha conversa arredor do artigo “Scroll, lingua, nación: a galeguidade política nas redes na era TikTok”, de Malva F. R., no número 5 da revista da Clara Corbelhe, no que nos acompañarán tanto Malva como Élia Lago, encargada desta edición da revista. O Instituto Clara Corbelhe é un espazo de encontro entre a academia e a cidadanía para o fortalecemento dos estudos críticos galegos con varias liñas de publicación e actividade. E ademais, neste quinto número da revista, veredes que escribiron tamén vellas amizades do festival como o docente e investigador Cibrán Tenreiro ou Proyecto Una.
Élia Lago e Malva Freire
Isto non é ciencia ficción: IA e traballo en medios dixitais
Non se pode falar do dixital no ano 2026 sen falar da intelixencia artificial. O que hai apenas uns anos parecía ciencia ficción é agora o día a día de calquera persoa con acceso a internet. Estas novas ferramentas e modelos de linguaxe como Claude, ChatGPT, GeminAI, Grok ou Midjourney teñen tantos defensores como detractores.
Por un lado, a sua habilidade para xerar texto e imaxes facilitan a vida de moita xente, polo outro, a súa pegada medioambiental é inasumible e o seu efecto na propia psique humana aínda está sendo examinada. Nesta primeira actividade da Zona PRO, analizaremos o seu impacto da man de Maldita.es, fundación e medio de comunicación sen ánimo de lucro, especializado en fact-checking (verificación de datos) e desmentido de bulos.
Maldita

