ZONA PRO 2019-03-10T13:52:56+00:00

Xoves 5 de Abril. Pazo de Cultura, Salón de actos

Un espazo profesional pensado para conectar productoras e creadores e creadoras coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación que están apostando polos contidos dixitais de creación propia. Coa presenza, entre outros, de:

PLAYZ (RTVE Digital), FLOOXER(Atresmedia), MTMAD (Mediaset), CRTVG, ViceGlobomedia, 2btube, Hitsbook, Infomix.

O prazo para acreditarse está pechado. Se tes algunha dúbida podes escribirnos a info@carballointerplay.com

HORARIOS

10:00. Recollida de acreditacións. 

10:30. Panel. A televisión e os contidos nativos de internet: experiencias e novas plataformas. Con PlayZ, CRTVG, Mtmad e Flooxer.

12:00. Panel En busca do talento dixital. Produción de contidos audiovisuais para novos medios. Con Vice, Globomedia, 2btube e Hitsbook.

16:30 – 19:00. Networking. 

10:30. Panel. A televisión e os contidos nativos de internet: experiencias e novas plataformas.

As televisións levan anos adaptándose aos novos medios, expandindo os seus contidos a través de distintas plataformas. Pero ademais, están empezando a crear as súas propias plataformas de contido só para internet, dirixidas a públicos novos e apostando por talentos nacidos nas propias redes. Directivos de PlayZ (RTVE), Flooxer (Atresmedia), Telecinco (MTMAD) e CRTVG compartirán as súas experiencias e visión de futuro para o contido dixital nas televisións xeralistas.

Participan:

Alberto Fernández TorresSubdirector de contidos e transmedia RTVE Digital.

Formou parte do equipo fundador de RTVE.es que leva desde 2008 transformando a estratexia dixital da Corporación. Entre 2009 e 2012 foi responsable de información internacional de RTVE.es. Foi membro do Lab RTVE e desde 2014 é responsable de contidos dixitais de RTVE, impulsando o desenvolvemento de produtos transmedia e interactivos asociados a marcas asentadas de RTVE como El ministerio del tiempo, Cuéntame, MasterChef ou Eurovisión. Coordinou o lanzamento e a posta en marcha de Playz, a nova plataforma de contidos dixitais de RTVE, lanzada en novembro de 2017.

Agustín Alonso G. Responsable de webseries de Playz.

Durante os dez anos que leva na área dixital de RTVE fixo case de todo. Foi co-responsable das estratexias transmedia das series “Isabel”, “El Ministerio del Tiempo” ou “El Caso. Crónica de sucesos”. Foi responsable da área de Cultura na sección informativa dixital; traballou para Radio 3 cubrindo o SXSW e para Radio 5 cun espazo dedicado a novos creadores. Foi xefe de redes sociais e segunda pantalla de RTVE. 2017.

Emilio Sánchez Zaballos. Director de Flooxer e responsable de vídeo online en Atresmedia.

Director de Flooxer, a plataforma creada por Atresmedia como escaparate do talento dixital e dos contidos nativos para a rede. A súa premisa é ofrecer a mellor calidade técnica e creativa, seleccionando os mellores creadores que hai en internet para distribuílo a través dunha plataforma premium da maneira máis óptima e achegalo a novos públicos. Cun cartel de creadores que inclúe a Vengamonjas, JPelirrojo, Isa Calderón, Diffferent Entertainment, Los Hermanos Podcast, e de canais que abranguen diversos xéneros, temas e estilos, Flooxer foi pioneira en producir webseries premium como Paquita Salas, e a súa aposta para a primavera de 2018 é a webserie de Soy una pringada.

José Pereira Fariña. Director da Área Innovación e Negocio da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG).

Área da CRTVG onde se planifican todos os proxectos de innovación e de comercialización da Corporación. Como docente universitario, é profesor titular do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación Novos Medios da USC. Con anterioridade ocupou o cargo de Vicerreitor de Comunicación e Coordinación e de decano na Facultade de Ciencias da Comunicación da universidade compostelá. Entre as súas publicacións figuran máis de trinta artigos en revistas internacionais e participou na redacción de varios libros sobre o ciberxornalismo, coma o Manual de Redacción Ciberperiodística (Ariel, 2004),  Sistemas digitales de información (Pearson, 2006) e Innovación y desarrollo de los cibermedios en España (EUNSA, 2016).

Clara Gavilán, directora de contidos e produtora executiva, e Jesús Gómez Carbón, talent manager e branded content de MTMAD.

Clara Gavilán é produtora executiva e Jesús Gómez Carbón é talent manager e responsable de branded content en MTMAD, que nace en novembro de 2016 como a plataforma de vídeo nativo dixital de Mediaset. Esta plataforma é a aposta do grupo polo contido de produción propia para internet, desenvolvendo formatos de creación orixinal. MTMAD aposta tanto polo talento emerxente como por talento consolidado procedente do mundo dixital ou da televisión. A plataforma aposta por formatos de entretemento, entre os que destacan os seus reality vlogs, programas en directo e coberturas especiais de eventos 100% dixitais.

12:00. Panel Zona Pro. En busca do talento dixital. Produción de contidos audiovisuais para novos medios.

Cos cambios no panorama de medios e os novos hábitos de consumo audiovisual, xorden novos tipos de produtoras e axencias que traballan co talento dixital para ofrecer contidos frescos ás novas plataformas. As produtoras tradicionais tamén crean as súas divisións dixitais. Algo se está a mover na industria cara á profesionalización dos contidos para internet e temos catro empresas para darnos a súa visión: Globomedia, 2btube e Hitsbook.

Participan:

Noa Cid, encargada de Content & Audience Strategy de Vice España.

Noa Cid Blanco estudou Publicidade e Relacións Públicas na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona e na Universidad del Pacífico de Santiago de Chile. Logo de ser galardoada co Premio Versus do Club de Creativos, resolveu proxectos para axencias como SCPF, JWT, Tiempo BBDO, Contrapunto BBDO ou Shackleton. Posteriormente traballou como Redactora Creativa e Community Manager na axencia dixital Herraiz Soto, para clientes como Ikea ou HP, e na axencia Villar-Rosàs, para Estrella Damm ou Nike. Incorporouse a VICE España en 2012, sendo a primeira responsable de redes sociais que formou parte do equipo. Tras liderar os equipos de Redes Sociales y Plataforma, a día de hoxe é a responsable de Estrategia de Audiencia y Contenido de VICE e de i-D.

Bastian Manintveld. Presidente executivo de 2btube.

Bastian Manintveld posúe máis de 15 anos de experiencia internacional na industria da televisión. En 2014 fundou, canda Fabienne Fourquet, a empresa de xestión de talento dixital 2btube, que conta con más de 60 empregados en 3 países. En 2008 fundou BeBanjo, una empresa de software na que teñen confiado algunhas das compañías máis importantes do sector televisivo de todo o mundo. BeBanjo foi adquirida en 2011 polo TDF Group en Francia, onde Bastian se uniu ao comité executivo de Arkena, a división de Media Services de TDF. Ata 2008 Bastian foi o director xeral de On Demand Group (agora Vubiquity), no que estivo involucrado planificando, xestionando e lanzando varios servizos de PayTV e vídeo baixo demanda en Europa e en América Latina. Bastian fala sete idiomas europeos e é un músico entusiasta.

Maya MaidagánDirectora dixital en Globomedia.

Maya Maidagán é responsable de desenvolvemento dixital en Globomedia, unha das produtoras de referencia en España. No seu departamento desenvolve contido con novos creadores, para novas audiencias e novas canles, e é produtora executiva da serie de “Soy Una Pringada” para Flooxer ou a serie documental “GRL PWR” para PLAYZ, entre outros proxectos. Traballa ‘en internet’ desde 2002 e o que máis lle gusta é axudar na transformación dixital a empresas de contido. É fan das series, da música, de internet e da cultura popular en xeral.

Rodrigo EspinelDirector de Hitsbook Network.

Rodrigo Espinel é Licenciado en Comunicación Audiovisual, Máster MBA e Master en Administración de Industrias Culturais. Ademais está certificado oficialmente por YouTube en “Content Strategy” e “Audience Growth”. A nivel profesional, ao longo da súa carreira ten participado na produción de diversos proxectos audiovisuais de televisión, publicidade, vídeo dixital e cinema, tanto en España como no Reino Unido, Perú e México. Actualmente dirixe desde Madrid Hitsbook Network, a liña de negocio B2C de Hitsbook Group. Ademais é o creador do blog especializado ProduccionAudiovisual.com.