TALLER CON PLAYGROUND 2019-03-10T13:52:46+00:00

Obradoiro con PlayGround

Narrativas de vídeo en redes sociais. Contidos complexos Vs audiencias masivas.

Venres 6 de abril de 16:00 a 19:00 horas
Salón de Actos, Pazo de Cultura de Carballo
25 prazas // 20 euros

Prazo para inscribirse pechado.

O vídeo é o novo formato universal para a comunicación en redes sociais. Nun mundo hiperacelerado, imponse unha tendencia crecente a comprimir cada vez máis as historias e escoller temas unicamente en busca da viralidade. En moitas ocasións simplifícanse as mensaxes e déixanse de lado os temas que requiren profundidade e achegan demasiados matices. O noso presente require, con todo, de explicacións cada vez máis complexas. Como debemos actuar como creadores ante esta disxuntiva?
A través do visionado conxunto de contidos de PlayGround e outras plataformas, analizarase e profundará nesta cuestión.
Durante a seguinte hora e media cada participante propoñerá un tema, e buscaranse enfoques dos mesmos de forma conxunta.
Seleccionaranse os máis interesantes e desenvolveranse por parellas para acabar presentando borradores audiovisuais que se comentarán en grupo.

É recomendable que os/ as participantes traian un computador portátil onde poder escribir e en caso de necesitalo, editar imaxes.

PlayGround

Nacido en 2008 como medio dixital enfocado á música, PlayGround creceu e evolucionou nos últimos anos de maneira vertixinosa, ata converterse no que é hoxe: un novo medio para ser consumido en redes sociais, dirixido a unha audiencia global, e cuxos contidos buscan informar, entreter e cambiar conciencias. LIKE. SHARE. DO.

Josune Imízcoz
Pamplona (Navarra), 1983. Licenciada en xornalismo pola Universidade de Navarra. Máster en Xornalismo de Televisión, Universidade Rey Juan Carlos (Madrid). Xornalista multidisciplinar, comezou a súa carreira na prensa escrita. Entre 2005 e 2010, formou parte da redacción de Radio Euskadi – EiTB na súa sede central en Bilbao, como redactora e locutora. En 2010, se muda a Madrid onde, tras cursar o Máster de Xornalismo de Televisión da Universidade Rey Juan Carlos, pasa a formar parte dos servizos informativos de Televisión Española, como redactora do equipo de Cultura para o Telexornal e presentadora na Canle 24Horas. En 2014, pásase ao mundo dixital fichando por PlayGround, onde actualmente é Head of Editorial Vídeo.

Guillermo Carreras-Candi
Barcelona, 1979.  Graduouse en Medios Audiovisuais e Cinema na ESCAC  e cursou o European Producers Workshop de EAVE ( European Audiovisual Entrepreneurs- Luxembourg). Entre 2006 e 2008 dirixiu e produciu os seus primeiros documentais en Montréal (Canadá) e Saraievo (Bosnia- Herzegovina). De volta a Barcelona, dirixiu o departamento audiovisual de PlayGround, na súa etapa como medio medio musical, desde a súa creación en 2008 ata 2013. Entre 2013 e 2015 viviu en Saraievo onde o seu labor como produtor de cinema documental plasmouse en máis de cincuenta proxectos dirixidos por novos realizadores de toda ex-Iugoslavia, combinando esta actividade coa docencia e a de programador. En 2015 volve a Barcelona como Head of Vídeo de PlayGround.