Show: Na casa con Los Prieto Flores 2019-03-10T21:22:53+00:00
Sábado 6 de abril. Auditorio do Pazo da Cultura. 19h.

Show: Na casa con Los Prieto Flores

A familia Prieto Flores volve trasladar ao Pazo da Cultura de Carballo o salón da súa casa para conversar con diferentes convidados que pasen estes días polo Carballo Interplay, como Charo López, Malena Pichot, El Hematocrítico, Rocío Quillahuaman e Lula Gómez.

Los Prieto Flores

Borja Prieto e Natalia Flores levan anos traballando na comunicación dixital e, ademais de crear en 2012 a súa propia axencia, Está Pasando, dende hai un tempo atrevéronse a experimentar poñéndose eles mesmos diante da cámara para crear un canal de Youtube protagonizado por eles e a súa extensa tribo familiar: 4 nenos, un can, centos de amigos, moitos parentes tolos, plans desviados, o canal de Los Prieto Flores é, segundo eles, un retrato dunha vida destartaladamente única. Entretemento devolutivo para toda a familia.