Show “Hermostra”. Con Charo López e Malena Pichot 2019-03-10T18:40:36+00:00
Venres 5 de abril. Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo. 22:30h.

Show “Hermostra”. Con Charo López e Malena Pichot

Por primeira vez en Galicia as cómicas arxentinas Malena Pichot e Charo López presentan Hermostra, un show de humor con trazas de musical fallido. Dous monólogos feitos de reflexións que a maioría das persoas prefire evitar. Un espectáculo terceiromundista interrompido por todas as publicidades que sosteñen o mesmo status quo que Charo e Malena buscan derrubar. Hermostra é a proba de que todo ser humano é unha contradición.