Preestrea Flooxer: “Terror y feria” 2019-03-14T17:05:30+00:00
Venres 5 de abril. Auditorio do Pazo da Cultura. 20h.

Preestrea Flooxer: “Terror y feria”

A próxima gran estrea de Flooxer, a plataforma nativa dixital de Atresmedia, é “Terror y feria”, unha nova serie producida polos ‘Javis’. Diríxea Benja de la Rosa e preséntase como «un “Black Mirror” co espírito de John Waters, Alfred Hitchcock, La Veneno e Chicho Ibañez Serrador». No seu reparto figura xente tan ilustre como Antonio Pagudo, Secun De la Rosa, Angy Fernández, Sandra Escacena, Eloi Costa, Itziar Castro, Brays Efe, Soy una pringada, Estefania De los Santos, Jimmy Castro ou Mariona Terés, entre outros numerosos cameos e sorpresas.

Veremos en exclusiva os capítulos: Hambre de Likes e Poseída Viva. E contaremos coa presenza do seu director Benja de la Rosa e de Sandra Escacena, unha das súas protagonistas.