Panel: Redes de sororidade no mundo dixital 2019-03-10T20:38:42+00:00
Sábado 6 de abril. Auditorio do Pazo da Cultura. 12h.

Panel: Redes de sororidade no mundo dixital

Creadoras de contido dixital falan de como a sororidade nas redes une e fai máis fortes a mulleres de todas as idades e de todo o mundo. E máis no último ano, logo do #MeToo e do 8 de marzo de 2018, no que o feminismo deu un golpe na mesa global para facerlle fronte á violencia machista e ao patriarcado.

Con Isabel Cano, investigadora e desenvolvedora de videoxogos, e as creadoras de instagram Anabel Lorente, Lula Gómez e Rocío Quillahuaman.

Anabel Lorente

Anabel Lorente (Barcelona, 1995) é pedagoga social e traballa en proxectos educativos e culturais. Ademais é creadora de contido audiovisual en internet, desde que hai uns meses empezou a publicar pequenos vídeos animados nas redes baseados nas súas propias experiencias, como o seu Vlog ou a serie True Story. Podemos ver todas as súas pezas recompiladas na súa canle de Youtube.

Lula Gómez

Lula  naceu en Bos Aires pero hai moitos anos que vive en Barcelona. É realizadora e animadora de stop motion e traballou para produtoras e axencias nacionais e internacionais. Canda Jordi Piulachs fundou La Academia de Animación. Os seus traballos en publicidade e en La Academia colleitaron premios en festivais de todo o mundo. Unindo a súa profesión e a súa conciencia feminista, creou en outubro de 2017 a serie Eres una Caca, composta de capítulos animados nos que pretende apropiarse do humor para levar mellor o día a día neste mundo machista, para espertar algunha que outra conciencia e para repartir un pouco, polo menos na ficción, de algo que escasea desde hai milleiros de anos: xustiza feminista.

Rocío Quillahuaman

Nacida en Lima en 1994, estudou Comunicación Audiovisual e traballou en produción e edición de vídeos tanto para empresas (PlayGround, Grupo Zeta) como para clientes dixitais. Hai dous anos empezou a debuxar fanarts e, ata o de agora, leva debuxado xa máis de 200 retratos espuxo en Barcelona, Madrid e Galicia. A súa curiosidade pola ilustración e pola animación levárona a facer unha serie de vídeos animados para internet que comparte nas súas redes sociais. Esta serie de vídeos empezou como un proxecto persoal pero tivo tan boa acollida (pasou de ter 900 seguidores a ter máis de 34.100) que xa realizou encargos para clientes como Yorokobu ou o Festival Internacional de Cine Fantástico de Cataluña e máis. Recentemente traballou como redactora de vídeo no programa de televisión CONTROL T.

Isabel Cano

Isabel Cano é deseñadora UX e ilustradora. Actualmente é profesora de desenvolvemento de videoxogos, deseño multimedia e robótica nun colexio. Coordina os talleres de Girls Make Games en España e colabora activamente en FemDevs. Investiga a influencia das vangardas artísticas do século XX nos videoxogos na súa tese de doutoramento para ensinarlles historia da arte a alumnos de educación primaria. Creadora de proxectos pictóricos videolúdicos como De la pantalla al lienzo: una mirada pictórica a los videojuegos, Pixel to life e Painting Japan Square. Ten colaborado en medios como Xenogames, Start, ZehnGames e Nivel Oculto.