Jirafas Podcast 2019-03-10T15:36:52+00:00

Xoves 4 de abril. Salón de actos do Pazo da Cultura. 22h.

Jirafas Podcast

Este podcast e videoblog presentado por David Sainz (“Mambo”, “Malviviendo”) coa colaboración habitual do humorista Juan Amodeo emítese en Youtube e en Playz (RTVE). Cada programa grávase nunha cidade distinta, con público en directo, e un convidado como protagonista. Para esta ocasión en Carballo estarán como convidados o cómico David Suárez e o guionista Enrique Lojo.

David Sainz

Director, guionista e actor na súa productora Diffferent Entertainment SL, creada en 2009 grazas ao éxito de Malviviendo, a webserie de fala hispana máis vista do mundo con 100 millones de reproduccións. Escribe e dirixe series de tv como “Flaman” (2012-13, RTVA), “Power Wonders” (2011, TNT) ou “El viaje de Peter McDowell” (2009, RTVA), spots publicitarios para Saimaza, branded content para Arehucas (El Colega Canario, 2015-2016) o HBO España (Síndrome Valyrio, 2017), series para plataformas dixitais como “Entertainment” (2015-2016, Flooxer, Atresmedia), “Buster” (2017, Flooxer, Atresmedia) ou “Mambo” (2017, Playz, RTVE) e as longametraxes “Obra 67″ e “Fogueo”. Actualmente está desenvolvendo a longamatraxe “Confirmar Asistencia” (Warner), a serie “Día Cero” e a 2a temporada de “Mambo”.

David Suárez

David Suárez é cómico e guionista. Nace en Santiago de Compostela en 1992 e cursa os seus estudos de Periodismo e Comunicación Audiovisual en Madrid. No ano 2013 debuta con “Vincent Finch: Diario de un ego”, serie que acada millóns de reproducións en Youtube e pola que recibe os premios a Mellor Actor, Mellor Guión e Mellor Contido Online no Festival Español de Webseries e no Carballo Interplay. En 2014 comeza a traballar para Atresmedia escribindo e dirixindo “Famosos y una vieja” e desenvolvendo outros formatos como “Dolor exquisito” e “Observaciones mínimas”. En 2016 comeza a traballar en “Late Motiv” de Andreu Buenafuente e a finais do mesmo ano incorpórase a Los 40 como colaborador en “Yu No te pierdas nada”, presentado por Dani Mateo. Ademais ten traballado para Comedy Central, TVE e Minoría Absoluta. Na primavera do 2018 lanzou o libro de viñetas “Agonía infinita”, e na actualidade David actúa por España co seu espectáculo “Tanta tolerancia me está ofendiendo” e, segundo algúns, é o cantante e letrista de certo grupo de punk co que asegura non ter nada que ver.

Enrique Lojo

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola USC e Máster de Guión de Ficción de Cine e Televisión pola UPSA. Como guionista ten traballado para produtoras como Portocabo, Madmex Filmanova, Voz Audiovisual, Plano a Plano, Diffferent Entertainment ou Isla Audiovisual entre outras. Gran parte da súa carrera desenvolveuse na Televisión de Galicia, escribindo en series como “Luci”, “Casa Manola”, “Viradeira”, “TAC” ou “Serramoura”. A nivel estatal escribiu comedias como “Sabuesos” (La 1) ou “Mónica Chef” (Disney Channel) e, más recentemente, “La Sala”, thriller para HBO e FORTA. No ámbito dixital escribiu “Entertainment” para Flooxer ou “Mambo”, comedia musical para Playz.  Actualmente atópase inmerso na escrita de “El último show”, a que será a primeira ficción de Aragón TV, e no desenvolvemento para Movistar+ de “Día Cero”, serie da que é creador canda David Sainz.