Gala de clausura 2019-03-10T21:37:06+00:00
Sábado 6 de abril. Auditorio do Pazo da Cultura. 21h.

Gala de clausura

Clausura e entrega de premios do Carballo Interplay. Conducida por Alberto Rolán.

«Son O Derradeiro Pirata e douvos a benvida á miña canle. Unha canle sen patrocinadores e sen complexos. Sen cookies nin estatísticas. Unha canle libre de propaganda onde a liberdade é o paradigma e a sensatez está ausente. Algúns chámanme tolo, outros heroe, os máis kamikaze pero o que de verdade son é un vello con alma de neno rebelde que se resiste a tomar o leite».

Alberto Rolán

Actor de longa traxectoria nos eidos do teatro, o cine e a televisión. Entre os seus traballos audiovisuais recentes destacan “Antes de perder”, serie para a plataforma Playz – RTVE, “Lobos e cordeiros”, serie para TVG, e “A estación violenta” (Matriuska Producciones, 2018), filme polo que foi nominado ao Mestre Mateo 2018 ao Mellor Actor Protagonista. No ano 2016 foi Premio María Casares ao Mellor Actor.