Estrea: Sígueme 2019-03-10T14:26:11+00:00
Xoves 4 de abril. 21h. Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Estrea: “Sígueme”

Estrea mundial da webserie gañadora do premio a mellor proxecto en lingua galega do Carballo Interplay 2018.

Creada por Alba Pego, Nuria Cancela, Laura Pose e Aitor Ramos, estudantes de Comunicación Audiovisual na USC, “Sígueme” conta como unha moza estudante de Psicoloxía decide incitar á tolemia a persoas con doenzas mentais con tal de demostrar o estudo experimental que a levou a ser expulsada da Universidade.