Encontro con creadores galegos de internet (I) 2019-03-27T09:36:03+00:00
Venres 5 de abril. Auditorio do Pazo da Cultura. 11:30h.

Encontro con creadores galegos de Internet (I)

No último ano asistimos a unha explosión de creatividade na rede galega, con youtubers, instagramers…moitas rapazas e rapaces novos exhibindo o seu talento nas redes. Quixemos xuntar uns poucos no Carballo Interplay.

Tele Jaita

Marcos López é o creador de Tele Jaita, unha das canles máis populares do Youtube en galego. Colleitou máis de 22 mil subscritores a base de dobrar vídeos.  

Aquel-e

Miguel Silva Conde é un dos creadores de Youtube en galego máis populares do último ano. Gañador do premio Youtubeir@s 2018 ao mellor vídeo-opinarmos. A súa canle reivindica a cultura pop do país e iconas como Ana Kiro, Castelao ou Sabela de Operación Triunfo.

Laura Cruxeiras

Esta creadora do Barbanza gañou cun grupo de amigas o concurso Youtubeir@s 2017 coa súa canle “Corasón de churrasco”, e co dúo Branca e Tinta triunfa nas redes facendo cancións, humor e reivindicación feminista.

Juan Gimel

Con máis de 7.200 seguidores na súa canle de YouTube, 11.000 en Instagram ou 2.200 en Facebook, este creador de Vimanzo chega a público de fóra de Galicia cos seus vídeos de humor, parodias e chistes. Seguramente o coñecestes xa hai uns anos cando se fixo viral o seu vídeo “Ghañán Style”, parodia do vídeo máis popular da historia de YouTube.