Conferencia: “Nin musas nin segundonas: as mulleres que crearon a industria do videoxogo”. 2019-03-10T15:50:10+00:00
Venres 5 de abril. Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo. 10h.

Conferencia: “Nin musas nin segundonas: as mulleres que crearon a industria do videoxogo”. Con Isabel Cano.

Percorrido persoal e homenaxe ás mulleres que forman e formaron parte da industria do desenvolvemento de videoxogos. Ademais analizaranse diferentes representacións de distintos xogos e faranse unha serie de reflexións sobre a importancia de ter referentes, sobre que iniciativas xurdiron en busca dun cambio e sobre que podemos achegar para visibilizar o traballo das compañeiras.

Isabel Cano

Isabel Cano é deseñadora UX e ilustradora. Actualmente é profesora de desenvolvemento de videoxogos, deseño multimedia e robótica nun colexio. Coordina os talleres de Girls Make Games en España e colabora activamente en FemDevs. Investiga a influencia das vangardas artísticas do século XX nos videoxogos na súa tese de doutoramento para ensinarlles historia da arte a alumnos de educación primaria. Creadora de proxectos pictóricos videolúdicos como “De la pantalla al lienzo: una mirada pictórica a los videojuegos”, “Pixel to life” y “Painting Japan Square”. Ten colaborado en medios como Xenogames, Start, ZehnGames e Nivel Oculto.