Código Fonte Audiovisual: “Autopoética en liña” con Aldaolado 2019-03-10T23:16:08+00:00
Venres 5 de abril. Auditorio do Pazo da Cultura. 21h.

Código Fonte Audiovisual: “Autopoética en liña” con Aldaolado

O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais embebibles que teñan marcado a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Porque as lembranzas son fragmentos dun arquivo vivo que estamos a producir e reinterpretar constantemente.

Aldaolado

Aldaolado é un dúo poético-musical composto por Lucía Aldao e María Lado. Realizan unha mestura de poesía con humor e música con carácter transgresor, nun exercicio de comunicación directa coa persoa espectadora. Uníronse en 2005, cando o Consello da Cultura Galega montou o proxecto Translítera dirixido por Rafa Xaneiro. Co fin de participar nel, ambas preparan o seu primeiro espectáculo Onde estea un cubata que se quite un soneto. A súa intención foi desde ese momento ofrecer poesía dun xeito amable e divertido á vez que elas gozaban recitando. Desde entón o grupo foi aumentando a audiencia destacando a súa presenza no Luar en dúas ocasións.