Café con CREA 2019 2019-03-18T10:48:59+00:00
Sábado 6 de abril. 13:30h. Pazo da Cultura de Carballo.

Café con CREA

Conversa: Tomamos en serio os/as creadores/as audiovisuais de internet?

Un encontro informal organizado pola Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA), onde formularemos esta pregunta que quere ser á vez unha reflexión e unha proposta. Estamos a considerar a xente que crea contido para internet ao mesmo nivel que os realizadores tradicionais? Considéranse eles mesmos parte do gremio?  No mundo dixital, no que case todos estamos producindo e compartindo imaxes todo o tempo, que é o que define a unha creadora ou creador profesional? Como afectan as novas maneiras de crear á formación, á consideración laboral e á relación entre compañeiros de profesion?

Ven tomar un café connosco ao Carballo Interplay!