Estrea de Hai vida en Bran? 2019-03-10T13:53:15+00:00
Xoves 5 de abril. 21h. Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo.

Estrea: Hai vida en Bran?

Gañadora do Premio a proxecto de webserie no IV Carballo Interplay

Dirixida e protagonizada por Ángela Andrada, con Pastor Rodríguez, Cristina Mariño, Daniel Celester, Gonzalo Faílde, Maite Vilar, Benigno Suárez e Ewa Jakubowska, e coa colaboración especial de: Isabel Blanco, Cristina Iglesias, Monti Castiñeiras e Fernando González .

Mariña é unha moza licenciada en Belas Artes que, tras fracasar no mundo artístico da cidade, volve á casa da súa nai na aburrida vila de Bran. Alí o Glam Rock do seu idolatrado Bowie non ten cabida. Frustrada e inadaptada na súa nova realidade, a única vía de escape é a da propia imaxinación…