OBRADOIROS PARA CRIANZAS 2019-03-10T13:52:43+00:00

Obradoiro de electrónica + música

15 prazas. PRAZAS PECHADO. TODAS AS PRAZAS ESTÁN CUBERTAS. 
a partir de 9 anos
6 de abril de 16:00 a 20:00 horas
no Pazo da Cultura de Carballo
gratuito

Neste obradoiro @s alumn@s aprenderán desde os conceptos básicos da electricidade ata como combinar diferentes compoñentes electrónicos para desenvolver os seus proxectos.

Aprenderán a facer circuítos usando placas de prototipado, soldadura para facer os seus deseños usando dispositivos electrónicos e mesmo farán música combinando a electrónica con obxectos cotiáns.

Impartido por VermisLab.

Obradoiro de Biotecnoloxía

30 prazas (por parellas)
para pais e nais e nen@s a partir de 6 anos
7 de abril de 10:00 a 14:00
no Pazo da Cultura de Carballo
gratuíto

Este obradoiro está destinado á participación de pais e nais con nen@s, @s cales da man de persoal de VermisLab especialistas en Bioloxía e Tecnoloxía, aprenderán diferentes maneiras de observar o mundo microscópico, farán cultivos e incluso fabricarán o seu propio microscopio electrónico que poderán levar para a casa.

VERMISLAB é un proxecto de innovación educatica onde se potencia a creatividade de nenos e nenas en campos como a ciencia, a tecnoloxía e o deseño. Fomentan unha aprendizaxe baseada en proxectos dende unha perspectiva integral incorporando de maneira transversal a intelixencia emocional, o traballo en equipo e a educación en valores.