Isa calderón

Guionista, xornalista e leva anos colaborando con diferentes medios como Vogue, El Español ou Tentaciones e facendo críticas de cine en La Script, da Cadena SER. Aí empezou a facer as súas “reviews fuertecitas”, que logo pasaron a formato audiovisual da man de Atresmedia, e se fixeron populares en Youtube por como despelexa películas desde unha óptica feminista e humorística.

Rubén Ontiveros

Pioneiro das webseries en España, é o creador de “Qué vida más triste”, a primeira serie pensada para internet que triunfou entre 2006 e 2009, para despois pasar á televisión en LaSexta. Ontiveros ten ademais unha longa traxectoria como guionista de TV en programas de humor como “Vaya semanita” (ETB), “Made in China” (TVE) ou “La noche de José Mota” (Telecinco) e tamén en distintos formatos de ficción online, publicidade viral e branded content. Na actualizade traballa para os programas “Vergüenza ajena” (MTV) ou “Homo Zapping” (NEOX), xunto coa serie “La Pelu” (TVE), e desenvolvendo contidos de ficción e entretemento na produtora El Terrat.

Giselle Llanio

Directora e realizadora. Participa na realización de series como “Mareas Vivas” ou “Nada es para siempre”. Dirixiu programas de televisión como “Supermartes”, series como “Libro de Familia” e miniseries como “Dalia, a modista” pola que estivo nomeada á mellor dirección na derradeira edición dos premios Mestre Mateo. Na actualidade dirixe a serie “Pazo de Familia”, que xa vai pola sexta tempada.

Javi Camino

Fundador de Magnetova, unha das produtoras de videoclips máis prolíficas de Galicia. Director de series de TV como “Casa Manola”, curtametraxes como “Lvoluten Osken”e “A consulta do dr. Natalio”… e o filme de serie Z “Maldito Bastardo”. Na actualidade atópase enfrascado na dirección da súa primeira longametraxe documental: “Nación de muchachos”. Fanático do cine serie B e da cultura pop. Colabora de xeito habitual escribindo en medios dixitais como Tentaciones, Vice o Notodo.

Javier Trigales

Guionista e xestor cultural. Traballou durante varios anos en programas punteiros de TV coma “El Intermedio” e “Sé lo que hicisteis. Na actualidade desenrola a labor de programador e comisario de actividades audiovisuáis para museos e festiváis. Así mesmo, exerce a crítica cinematográfica para numerosos medios e publicou una decena de libros colectivos. Tamén é autor do guión de longametraxe “Viejos”, gañador do premio ó mellor proxecto internacional no Festival de Sitges 2016.