XOVES 4

16:30. INTERNACIONAL 1

BOY SCOUTS (Arxentina)
Ficción. Comedia.
Co obxecto de recuperar a custodia da súa pequena irmá menor, Lucas e o seu irmán Diego deciden secuestrar ao xefe mundial dos Boy Scouts.

MIDNIGHT MIRACLE (UK)
Ficción. Comedia.
Lissa esperta resacosa e descobre que accidentalmente un video que colgou o día anterior voltouse viral. Logo do desconcerto inicial terá que lidiar coa súa popularidade.

CAMILA NO TIENE UN PLAN (Argentina)
Ficción. Drama.
Chegou o derradeiro ano de carreira e Camila decátase de que por primeira vez na súa vida non ten un plan.

AFK (Nova Zelanda)
Ficción. Fantasía.
As aventuras dun grupo de gamers que espertan nos corpos dos seus personaxes online. Terán que traballar xuntos para sobrevivir nun mundo hostil.

TUBE HEADS (Alemania)
Animación. Comedia.
Unha comedia nerd protagonizada por marionetas que renden culto á cultura pop, á historia e ao ser humano.

YOU´RE THE NEXT (Israel)
Ficción. Comedia.
Cinco trintañeiras buscan o seu camiño na vida.

18:00. GALICIA VO

ANTOLEPSIA
Ficción. Comedia.
Narra as vivencias de Antón, un personaxe que sofre unha extraña enfermidade mestura da narcolepsia e o sonanbulismo, o que lle fai experimentar cada día unha nova, tola e emocionante aventura.

GALICIA CRIME
Ficción. Comedia.
Os policías de Carballork Dowson e Pillei terán que resolver os crimes máis tolos mentres se enfrontan aos seus propios problemas persoais.

AS AVENTURAS DE PO 
Animación. Educativo. 
Po, a mascota do Programa Apego, acciona cos seus tentáculos unha pequena pantalla na que as nenas e os nenos nos mostran como facer algo: cociñar galletas de nata, atar os cordóns, os nomes das partes do corpo, etc

DALLE JAS 
Ficción. Comedia. 
Cinco descoñecidos que comparten coche nunha viaxe a Madrid vense perseguidos por un grupo de matones convertíndose en fuxitivos.

TEÑO UNHA HORTA EN SAN SADURNIÑO
Documental. Comedia.
Iniciativa que nace coa intención de difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres maiores en relación cos traballos no campo.

VENRES 5

16:00. NACIONAL 1

EL SHOW DE TERESA CUESTA
Ficción. Comedia.
Teresa Cuesta é a raíña dos personaxes.

CANIVILLE
Ficción. Comedia.
As aventuras e desventuras dunha pandilla de canis (tamén chamados kinkis ou pokeros).

CARLINOS, LA WEB SERIE. 
Ficción. Comedia.
Nun mundo post-apocalíptico tres cans deberán atopar o xeito de sobrevivir.

CÓMO DEJAR LOS PORROS
Documental. Comedia.
Catro porreros cansos da súa rutina deciden pasar seis semanas sen fumar, porque leron na internet, que iso é o que tarda o corpo en eliminar calquera rastro de cannabis. Conseguirano?.

JUDGE DREDGE.
Animación. Acción.
A serie presenta unha visión alternativa baseada nas orixes do archi inimigo de Judge Dredd´s.

BETO
Ficción. Comedia.
Sen traballo nin parella a vida social de Beto é limitada. Malvive rodeado de desorden e coa axuda dos seus pais para chegar a fin de mes.

17:30. INTERNACIONAL 2

AMY STREET (Nova Zelanda).
Documental.
Nun mundo no que os auto-chamados ‘Life Stylers’ son algunhas veces etiquetados pola súa minusvalía, Amy Street fíxase na persoa e non na etiqueta.

SI ME VOLVIERA A ENAMORAR (Argentina)
Ficción. Comedia.
Céntrase no entrañable vencello de amizade de tres adultos de arredor de corenta e cinco anos: Guillermo, Gustavo e Mimí.

5baksi.net (Ucrania).
Ficción. Drama.
Que posibilidade ten un neno rico e fachendoso e o seu amigo, un neno de mamá, de acadar o éxito nun mundo hostil coma o de hoxe en día? A resposta é unha empresa start up chamada 5baksiv.net.

DANG IT TO HECK! (Australia).
Animación. Comedia.
Son historias animadas que combinan o humor e a malandanza.

DYSCOCALIPSE (Alemania). Ficción. Sci-fi.
Vas espertar con Zecke, un rapaz tatexo no baño dun club alemán en metade dunha mala resaca.

PSICÓTICAS INSEGURAS (Chile).
Ficción. Comedia.
Un ano despois de rematar a universidade, Pamela e Javiera decátanse de que non fixeron nada coas súas vidas, agás tecer unha manta e plantar rúcula.

SÁBADO 6

16:00. INTERNACIONAL 3

BEHIND THE BLINDS (USA).
Ficción. Comedia.
Dous gángsters do leste de Europa deciden producir unha película independente para branquear diñeiro. Como carecen de experiencia, contratan a un elenco de actores egoístas e a un equipo técnico de segunda.

WAITING ON SOUND (Australia).
Ficción. Comedia.
Se algunha vez traballaches nun set de rodaxe, saberás que se pode converter nunha especie de circo e se algunha vez traballaches de pertiguista saberás que tes que tentar facer o teu traballo mentres o circo se desenvolve arredor de ti.

DEPTO (Arxentina).
Ficción. Comedia.
Ramón é un traballador mediocre cun salario aínda máis mediocre ao que se lle desmorona a vida cando lle aumentan o alugueiro.

CONVOS WITH MY 2 YEARS OLD (Canadá).
Ficción. Comedia.
Conversacións coa miña filla de seis anos, re-interpretadas polo director e outro home adulto.

THE DUMP (Canadá)
Ficción. Comedia.
Unha mestura de South Park e Barrio Sésamo protagonizada por unhas absurdas marionetas que viven nos sumidoiros.

PSICOSOMÁTICA (Arxentina).
Ficción. Drama-fantasía.
Maia experimenta a peor crise da súa carreira cando ten que facer a tese final. Torpe, introvertida e apoucada… o que non pode dicir, sae ao exterior dun xeito estraño e fantástico.

17:30. NACIONAL 2

A TODO RIESGO.
Ficción. Comedia.
Pedro Germán e Max sempre soñaron con ser inspectores de homicidios pero o mais semellante que conseguiron é un traballo como peritos de seguros.

LARA LOVE
Ficción. Comedia.
Lara, unha rapaza nova desesperada por atopar o amor, decide documentar a súa búsqueda.

EL PARTIDO 2.
Ficción. Comedia.
O polémico Fernando Serrano é soprendido nun escándalo de corrupción e a cúpula do seu partido mándao a un pequeño pobo de montaña xunto co seu asesor Domingo.

PESAME STREET
Animación. Comedia.
Que nos dirían os animais se puidesen falar? De seguro que nada bo…

BRIGET JON DE TRIANA
Ficción. Comedia.
Briget Jon segue intentando atopar a felicidade e o amor nunha sociedade na que non acaba de encaixar.

TE QUIERO, YO TAMPOCO.
Documental. Comedia.
O director do reality e a súa parella Fran teñen catro meses para decidir que facer coa súa vida de parella… e para coñecer todo tipo de rapaces gais dentro e fora dos estereotipos.