ESTREA DE FOGUEO

De David Sainz

Nunha conversa de David Sainz (creador das webseries “Malviviendo” y “Entertainment” ou a longametraxe “Obra 67”) co seu amigo e director Diego Villaba, xurdiu grazas a un infalible “no hay huevos” o proxecto dunha longametraxe independente que realizarían eles mesmos.

Unha película pequena, unha toleada capitaneada por eles pero levantada grazas a numerosos compañeiros que se deixaron seducir pola idea. A historia duns perdedores que só teñen unha opción para levar a cabo o seu soño: facelo eles mesmos. Un pouco o que lles pasou tamén detrás da cámara.

Proxectaremos a longametraxe coa presenza de David Sainz e Teresa Segura, director e produtora do filme, que farán unha presentación e coloquio posterior.