Pitching de proxectos de webseries

Os finalistas da convocatoria para este premio dotado con 1.500 euros para a produción dunha webserie en galego, defenderán os seus proxectos diante do público e dun xurado composto por Xosé Regueira (Concello de Carballo), David Sainz (Different Entertainment), Sonia Méndez (Carballo Interplay) e Mafalda González Alegre (Flooxer).

Os proxectos finalistas son os seguintes:

“Hai vida en Bran?” de Ángela Andrada.
“Efectos Secundarios” de Paula Ballesteros e Pablo Cobos.
“Albedrío” de J.S. Raimundi e Álex Vázquez.
“Megamadriñas” de Antón Coucheiro, Joseba Muruzábal e Paulo Rubal.