STOP-MOTIÓNATE! Animación con plastilina

impartido por ILLA BUFARDA

de 9 a 12 anos
16 prazas
5 de maio de 16:00 a 19:00 horas
no Pazo da Cultura de Carballo
gratuito

Obradoiro de animación stop-motion con plastilina. Crearemos unha curtametraxe animando fotograma a fotograma e modelando novos decorados e elementos na historia. Tamén faremos a banda sonora orixinal poñendo voces, ritmos e efectos sonoros ao noso film. A curtametraxe será editada por Illa Bufarda no prazo máximo dun mes dende o remate do obradoiro.

OBXECTIVOS

– Aprendemos a técnica de animación stop-motion.
– Modelamos en plastilina.
– Valoramos historias propias a través de formatos novidosos.
– Dramatizamos textos para a nosa curtametraxe (locución con intención, ton, volumes…).
– Fomentamos a imaxinación e a creatividade.
– Traballamos en grupo.

PROGRAMA
– Contamos a historia e entendemos o story board.
– Modelamos algúns elementos para enriquecer a nosa escena.
– Animamos en dous escenarios dispoñibles.
– Gravamos e creamos a banda sonora.

ILLA BUFARDA é unha produtora audiovisual que nace no 2012. Dentro deste proxecto empresarial nace tamén a Escola da Illa coa vontade de fomentar a creatividade e educar a mirada, axudando a crear espectadores/as críticos/as.  Na Illa Bufarda ofrecemos obradoiros para tódalas idades sempre enfocados dende as nosas áreas de traballo (o audiovisual, a animación e a fotografía) tendo como eixo principal un tema cultural ou social.  Confiamos no poder do proceso creativo audiovisual como un traballo para o crecemento persoal dende o traballo colectivo. Imparte Adriana P. Villanueva e Sabela Iglesias, comunicadoras audiovisuais e formadoras nas súas áreas de traballo dende ao 2012, con experiencia en procesos creativos colectivos en grupos de diversas idades.

 

INSCRÍBETE AQUÍ

ELECTRÓNICA BÁSICA

impartido por VERMISLAB

a partir de 5 anos
15 prazas
6 de maio de 10:30 a 12:30 horas
no Forum de Carballo
gratuito

Neste obradoiro o alumno ou alumna interactuará con LED´s, timbre e sinxelos circuitos electrónicos realizados con plastilina conductiva e pilas. Ao final do taller terá un proxecto propio en electrónica básica.

ROBÓTICA

impartido por VERMISLAB

a partir de 6 anos
para ne@s e pais e nais
20 prazas / en equipos de 2 personas
6 de maio de 16:00 a 20:00 horas
no Pazo de Cultura de Carballo
gratuito

 

O obradoiro consistirá na montaxe dun robot “Escornabot”, un proxecto aberto a comunidade que permite crear robots dun xeito sinxelo e personalizalo como máis che guste. Combinará unha parte de montaxe onde aprenderemos as diferentes partes que o compoñen cunha parte de deseño onde cada equipo fará os deseños de diferentes carcasas para darlle identidade propia.

 

VERMISLAB é un proxecto de innovación educatica onde se potencia a creatividade de nenos e nenas en campos como a ciencia, a tecnoloxía e o deseño. Fomentan unha aprendizaxe baseada en proxectos dende unha perspectiva integral incorporando de maneira transversal a intelixencia emocional, o traballo en equipo e a educación en valores.

INSCRÍBETE AQUÍ