MÁIS ALÓ GUIÓN. A CONSTRUCCIÓN DUNHA SERIE.

impartido por Carlos Ares, Xosé Castro e Andrés Mahía (Zopilote)

 

16 horas
21 e 22 de Abril
de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
no Forum de Carballo
50 euros

Obradoiro sobre o deseño de series de baixo presuposto. O que hai que pensar antes de escribir: historias, personaxes, espazos, xéneros e estilos narrativos para orzamentos axustados.

Trátase de mostrar as posibilidades reais de modelos de producción alternativos para webseries e ficcións televisivas. As claves para que os novos creadores e produtoras pequenas podan acceder ó mercado audiovisual con producións innovadoras e competitivas de baixo presuposto.

 

 

 

Carlos Ares; Xosé Castro e Andrés Mahía (Zopilote SL).

Guionistas, directores e productores. Creadores de series como Mareas Vivas, Terra de Miranda, Pepe o Inglés, Air Galicia ou Era visto!.

 

INSCRÍBETE AQUÍ

O PULSO DA ACCIÓN

impartido por Jorge Coira

 

21 horas
28, 29 e 30 de Abril
de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 19:30
no Forum de Carballo
15 prazas
50 euros

O discurso cinematográfico -sexa da natureza que sexa- ten un pulso propio que nace na rodaxe e desenvólvese na sala de montaxe. Descubrir ese pulso, esa respiración, é un dos cometidos principais dos montadores e, probablemente, un dos máis delicados, porque aí cada fotograma ten un peso enorme.

O obxectivo é desenvolver unha mirada crítica cara aos aspectos máis sutís e ocultos da montaxe e unha percepción máis clara dos aspectos que afectan ao tempo e ao ritmo da narración.

PROGRAMA

  • Análise da montaxe de escenas de películas preexistentes
  • Análise da montaxe de obras dos alumnos/as
  • Montaxe dalgunha escena a partir de materiais en bruto

Os alumnos e alumnas deberán traer a sua computadora con programa de edición. Tamén poden achegar algún proxecto no que estean traballando que queiran que sexa revisado.

 

 

 

 

 

 

 

Jorge Coira é director, guionista e montador de cine e TV. A súa obra abarca longametraxes (18 comidas e El Año de la Garrapata), documentais (Torre de Breoghán, ¿Qué culpa tiene le tomate?) e series de TV (Sé quién eres, Luci, El comisario, Padre Casares ou Pelotas entre outras). O ano pasado recibiu o Goya á Mellor Montaxe por El desconocido, de Dani de la Torre.

 

INSCRÍBETE AQUÍ