Os premios outorgados serán os seguintes:

MELLOR WEBSERIE IMAXE REAL // 800 euros + trofeo + un ano de hosting gratuito.
MELLOR WEBSERIE ANIMACIÓN // 800 euros + trofeo + un ano de hosting gratuito.
MELLOR WEBSERIE INTERNACIONAL // 800 euros + trofeo + un ano de hosting gratuito.
MELLOR WEBSERIE VO GALEGO // 800 euros + trofeo + un ano de hosting gratuito.
PREMIO DO PÚBLICO // 400 euros + trofeo + un ano de hosting gratuito.
PREMIO CREA MELLOR DIRECCIÓN // 200 euros e trofeo
PREMIO AGAG MELLOR GUIÓN // 200 euros e trofeo
MELLOR ACTRIZ // trofeo
MELLOR ACTOR // trofeo

O premio a mellor dirección está patrocinado pola Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA).
O premio a mellor guión está patrocinado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG).
Os hosting gratuitos durante un ano están patrocinados por Dinahosting.

A decisión do xurado darase a coñecer o sábado 6 de maio na gala de clausura do festival.