Venres 6 de abril. 11:30h. Salón de actos do Pazo da Cultura.
Ojo Cuidao
Radio Live Show
Ojo Cuidao é un programa de radio pero tamén é un show en directo con público. Presentado por Víctor Grande e coas colaboracións de xente tan ilustre coma Oswaldo Digón, Pedro Brandariz, Luis Pousada e Iago Gordillo. Sketches de humor, entrevistas na rúa, interacción co público, invitados especiais e actuacións musicais son os contidos habituais do programa. Polos micrófonos de Ojo Cuidao xa pasaron invitados coma Xose A. Touriñán, Marcos Pereiro, Diana Sieira, Ángela Triana, Wicho, Déborah Ciencia, Santy Gutiérrez, David Perdomo e moitos máis. Que pasará se os xuntamos cos talentos dixitais que pasen polo Carballo Interplay?
Víctor Grande. Cómico e zurdo. Leva dende 2001 facendo humor polos escenarios de toda Galicia cos seus monólogos e as súas cancións satíricas. Tamén coordina as seccións de humor en Radio Coruña Cadena SER e dirixe Ojo Cuidao.
Pedro Brandariz. Clown, cómico, animador, formador, actor e mesmo personaxe de ficción en multitude de webseries como Peter Brandon, estreada mundialmente na anterior edición do CIP e recoñecida este 2018 como mellor serie web nos XVI Premios Mestre Mateo
Iago Gordillo. Técnico de sonido e millennial barbudo. Ten un proxecto musical chamado diariodeverano e gústalle descubrir os segredos máis ocultos da música lixeira.