Festa de clausura con IGMIG + Percebesygrelos DJ. 2018-03-10T12:28:34+00:00

Festa de clausura

Con Igmig + Percebesygrelos DJ

Nunha entrevista, IGMIG falaban da súa música como “algo entre serialismo infantil e épica inxenua”. É unha definición que sona a broma absurda, pero ao mesmo tempo é bastante acaída: o insólito da mestura de estilos que practica este trío de músicos virtuosos obriga a forzar a imaxinación para catalogala. Post-punk, rock progresivo, funky, electrónica ou elementos de música clásica combínanse baixo o paraugas dun humor delirante que os converte nun raro exemplo de experimentación desternillante. No fondo non podía ser doutra maneira se temos en conta que os membros de IGMIG teñen pasado por proxectos tan diversos como a orquestra de improvisación O.M.E.G.A., a banda de Mercedes Peón, Os Podridos ou A Roda.

Carolina Iglerias (Percebesygrelos) é guionista, humorista, youtuber, locutora de radio e TV, comentarista de Operación Triunfo, show-woman… e tamén DJ. Cunha cultura musical sen complexos, entre os hits millennials e a nostalxia da década pasada, a festa, o baile e cantar todos xuntos agarrando a copa coma se fose un micrófono está máis que garantido.