Código Fonte Audiovisual con Carlangas, de Novedades Carminha 2018-03-09T09:01:18+00:00
Sábado 7 de abril. 13h. Pazo da Cultura de Carballo.

Código Fonte Audiovisual con Carlangas, de Novedades Carminha

Antes todo isto era mambo

“Pasar polos sitios sen que os sitios pasen por ti. O turismo como o gran timo deste século.” Esta é a premisa arredor da que Carlangas mostrará o seu Código Fonte Audiovisual, un formato entre a conferencia e a proxección no que o noso convidado percorre un tema ilustrándoo co material audiovisual que forma o seu código fonte, a base de fragmentos de películas, extractos da televisión ou vídeos de Youtube.

Carlos Pereiro “Carlangas”, como moitos outros, naceu en Santiago de Compostela a unha idade temperá. Non estudou na universidade da vida, senón na Complutense de Madrid, onde cursou Xornalismo. Actualmente é guitarrista e cantante de Novedades Carminha e colaborador do programa Hoy empieza todo de Radio 3, con Ángel Carmona. Amigo dos seus amigos, non milita en nada por militancia. É un fervente defensor do dereito á preguiza, motivo polo que se dedica ao rock and roll. Sempre bica como se fose esa noite a última vez.