Palmarés IV Carballo Interplay 2017-05-06T21:30:01+00:00

Estas son as webseries gañadoras na IV edición do Festival Carballo Interplay:

Mellor webserie de imaxe real, dotado con 800 euros e trofeo, para A todo riesgo. Mención especial do xurado para Te quiero, yo tampoco
Mellor webserie de animación, dotado con 800 euros e trofeo, para Pesame street
Mellor webserie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para You’re next (Israel). Mención especial do xurado para Si me volviera a enamorar (Arxentina)
Mellor webserie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para Teño unha horta en San Sadurniño
Premio CREA á mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Álex Rodrigo, por El Partido 2
Premio AGAG ao mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para Hilario Abad e José Luis Bustillo, por Caniville
Premio á mellor actriz, dotado cun trofeo, para Teresa Cuesta, por El show de Teresa Cuesta
Premio ao mellor actor, dotado cun trofeo, para Miguel Lago Casal, por A todo riesgo

O público, pola súa banda, concedeu cos seus votos o Premio do Público, dotado con 400 euros e trofeo, a Pésame Street.

Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros e trofeo, para Hai vida en Bran?