O CIP 2016 amosará as últimas tendencias no mundo das novas narrativas da man de Andreu Meixide, un dos principais expertos españois en non ficción web.
Meixide é un coñecido director e realizador de documentais (Soc Rambla ou Marquesa), webdocumentais (Parkcelona) e webseries (Bloc dels Pescadors), que ofrecerá no Festival unha masterclass sobre Narrativas dixitais de non ficción.

É tamén responsable do BccN Barcelona Creative Commons Film, un referente mundial para o cine e o audiovisual en Creative Commons; do CCMad de Madrid e director de contidos de DocS.21 Festival Documental Narrativas Digitales de Zaragoza. Todas elas son iniciativas para promover e investigar as posibilidades que ten o cine e o audiovisual para crear, en torno a novas narrativas derivadas do enfoque en rede, con lóxica da era dixital.
Como profesor, actualmente imparte clases no Master de Producción Transmedia da UAB, e tamén foi docente de cultura audiovisual na era dixital en centros universitarios como BAU e ELISAVA.