Impartido por María Yáñez

PRAZAS ESGOTADAS

16 horas3d-movie-audience_0
15 prazas (profesionais ou estudantes de audiovisual)
2 e 3 de abril de 11-14 y 17-20 horas
20 euros

Como deseñar unha estratexia de marketing dixital arredor dun produto audiovisual (longametraxe, curtametraxe, webserie, tv, etc) contando coa comunidade desde o primeiro momento.

OBXECTIVOS
Aprender as nocións básicas do marketing de guerrilla aplicado á rede e ás comunidades online
Coñecer distintos casos e exemplos que poidan inspirar unha estratexia dixital “desde abaixo”.
Aprender a deseñar unha estratexia de marketing aplicada a un produto audiovisual concreto.

PROGRAMA
Parte expositiva:
Marketing audiovisual e marketing dixital. Puntos de confluencia.
Da creación de marca á creación de comunidade. Mecanismos para a pertenza e o compromiso dos fans.
O público é o teu aliado na produción e na distribución: do crowdfunding ao crowdticketing.
Casos de estudio internacionais e locais

Parte práctica:
Deseña unha estratexia de marketing para un produto audiovisual.
Posta en común de ideas para distintos proxectos. Cada participante exporá unha idea dun proxecto, real ou ficticio, sobre o que traballar e orientar a súa estratexia. (Individual ou por grupos)
Elaboración de estratexia para cada proxecto: as preguntas básicas que debemos saber responder.
Pitching final.

 

María Yáñez é unha exploradora todoterreo dos camiños que unen audiovisual e internet, desde as narrativas dixitais ata a promoción e distribución online. É socia da empresa de comunicación dixital A Navalla Suíza e co-editora de EMBED.at, publicación en torno ao audiovisual contemporáneo e a cultura aberta. Traballa de forma independente como profesora de narrativas dixitais e tamén deseñando estratexias de contidos e comunicación para distintos proxectos relacionados co audiovisual, como as películas Vilamor, Encallados ou Os días afogados. Entre os seus traballos máis recentes están a coordinación de actividades do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, a posta en marcha da plataforma Screenly para a distribución de películas en salas baixo demanda e mais a coordinación do arquivo audiovisual da Doc Next Network.

INSCRÍBETE