Impartido por David Saínz e Teresa Segura

40 horas tallerwebseries
25 prazas (requerirase currículo ou Bio para selección)
26, 27, 28, 29, 30 de abril e 1 de maio

HORARIO
26/27/28/29 de 10 a 14 e de 16 a 19
30/1 de 10 a 14 e de 16 a 18

100 euros

No taller explicarase todo o proceso que se debe levar a cabo nun proxecto audiovisual pero centrándonos no formato webserie: poucos recursos e rodaxe guerrilla. Tanto a nivel teórico como práctico, abarcaremos o guión, a preprodución, a rodaxe, a postproducción e a distribución.

 

OBXECTIVOS. Que o alumno poida levar a cabo un proxecto audiovisual tendo en conta os recursos que teña ao seu alcance e as súas limitacións. Levará á práctica toda a teoría impartida desde o guión á postproducción e terminará o curso cun proxecto audiovisual finalizado para a súa posterior distribución: webserie de tres capítulos de 3 minutos de duración aprox.

PROGRAMA
1. GUIÓN: A idea, estrutura, personaxes e diálogos. A teoría do guión e os dereitos de autor.
Práctica: Desenvolver unha idea tendo en conta os recursos ao noso alcance.
2. PREPRODUCIÓN: Casting, localizacións, financiamento e plan de rodaxe.
Práctica: Desagregaremos o guión por secuencias e elaboraremos un plan de rodaxe.
3. RODAXE: Equipo técnico e artístico, Realización e ordes de rodaxe.
Práctica: Rodaxe do guión elaborado segundo plan de rodaxe. Todos os alumnos terán a posibilidade de traballar nun ou varios departamentos.
4. POSTPRODUCCIÓN: Edición, postproducción vídeo e audio. BSO.
Práctica: Editaremos e postproduciremos o noso proxecto.
5. DISTRIBUCIÓN: Espectador web, rrss, distribución web e amortización.

 

David Saínz é Director e Guionista xerente da súa produtora Diffferent Entertainment SL que foi creada na metade do 2009 grazas ó éxito da webserie Malviviendo. Ademais escribíu e dirixiu varias series para tv como Flaman (2012-13), Power Wonders (2011) ou El viaje de Peter McDowell (2009), publicidade para Mapfre ou Saimaza entre outros, máis dunha quincena de videoclips, varias curtametraxes e a longametraxe (littlsecretfilm por Calle 13) Obra 67 distribuída por Versus Entertainment SL. Actualmente dirixe, guioniza e interpreta a webserie Entertainment e atópase preparando a súa primeira longametraxe que se rodará na primaveira de 2016. Podes seguilo no seu canal Sainzdeces.

Teresa Segura é Directora de Produción de Diffferent Entertainment SL. Licenciada en Comunicación Audiovisual (2003-08) pola Universidade de Sevilla, conta unha ampla experiencia no departamento de Produción traballando dende 2005 en curtametraxes, longametraxes nacionais e internacionais, videoclips e publicidade, ademáis de ter organizado Festivais de Curtas e impartido cursos de Produción. Dende o 2009 que comeza  a traballar en Diffferent Entertainment SL. ostenta o cargo de Directora de Produción, coordinadora e administradora de todos os seus proxectos e é directora artística do festival de webseries Web Sur Festival.

INSCRÍBETE