Maria

About Maria Yáñez

This author has not yet filled in any details.
So far Maria Yáñez has created 21 blog entries.

Carballo Interfight! I Encontro de Labazadas Audiovisuais: Venga Monjas vs. Malviviendo

Presentamos outra das actividades estrela deste II Carballo Interplay. Venga Monjas e Malviviendo cara a cara nunha noite que terá algo de combate épico e algo de concurso televisivo dos 90. A través dunha serie de pruebas, os nosos contrincantes bateranse en duelo para diseccionar os seus vídeos favoritos de internet, porán a proba os seus […]

By |Abril 1st, 2015|NOVAS|Comentarios desactivados en Carballo Interfight! I Encontro de Labazadas Audiovisuais: Venga Monjas vs. Malviviendo

Código Fonte Audiovisual con Belén Regueira: Mulleres, homes e o audiovisual que os pariu

Volve ao Carballo Interplay o Código Fuente Audiovisual, un formato híbrido entre a proxección e a conferencia no que unha persoa convidada desenvolve un discurso baseado en fragmentos das obras audiovisuais que marcaron a súa cultura e forma de entender o mundo. O ano pasado o convidado foi o cómico Xosé Antonio Touriñán. Este ano teremos a xornalista Belén Regueira, […]

By |Marzo 31st, 2015|NOVAS|0 Comments

Coloquio: como facer rir en internet?

A resposta parece fácil: pon vídeos de xente caendo, de bebés ou de gatos ou cans facendo cousas absurdas. Nunca poderemos competir contra iso. Pero máis alá do que antes se chamaban “vídeos de primera” hai todo un xénero que vive en internet unha idade de ouro: a comedia. E se hai alguén a quen non lle preste […]

By |Marzo 30th, 2015|NOVAS|0 Comments

Os irmáns Lumieira viaxarán 120 anos no tempo para conducir a gala de clausura do Interplay

Esta semana celébrase o 120 aniversario da invención do cinema, que se lle atribúe historicamente aos irmáns Lumière, pero, e se a historia que nos contan non é a verdadeira? Quen son realmente os irmáns Lumieira? Por que queren vir a Carballo o 18 de abril a presentar a entrega de premios dun festival de webseries? […]

By |Marzo 27th, 2015|NOVAS|0 Comments

Calvo patrocina os premios do II Carballo Interplay

Queriamos dedicarlle un espazo a agradecerlles aos nosos patrocinadores a súa colaboración no Carballo Interplay ofrecendo achegas económicas ou en especie que axudan a sufragar os gastos do festival.
Este ano temos a colaboración especial de Calvo, o grupo conserveiro radicado en Carballo, que este ano celebra 75 anos de historia e quixeron involucrarse no Carballo Interplay […]

By |Marzo 23rd, 2015|NOVAS|0 Comments

Prepárate para as noites do CIP: Poetarras, Igmig e RDA

Proxeccións, coloquios, masterclasses, presentacións… pouco a pouco imos desvelando os contidos do Carballo Interplay 2015 pero seguro que todos vos preguntades pola festa. Especialmente aqueles que viñestes o ano pasado e sabedes que a vida dun festival faise de día pero tamén de noite, que é onde a xente socializa e se crean grandes amizades. […]

By |Marzo 20th, 2015|NOVAS|0 Comments

Youtubers e experiencias transmedia, nos coloquios profesionais do Carballo Interplay

Como xa fixeramos o ano pasado, no Carballo Interplay queremos aproveitar que imos xuntar un bo feixe de xente interesada nas novas posibilidades do audiovisual en internet para traer profesionais avanzados que levan tempo rozando estes camiños e que nos axuden a aprender da súa experiencia.

Como xestionar de forma profesional unha canle de Youtube?  Como manter enganchada a audiencia da nosa webserie? […]

By |Marzo 17th, 2015|NOVAS|0 Comments

O equipo de Malviviendo estreará en Carballo o capítulo 1×06 da súa nova serie, Entertainment

O ano pasado chegou o final de “Malviviendo”, a serie web de máis éxito no ámbito español, e o seu creador, David Sáinz, cortou literalmente a coleta (no seu caso, as rastas) para dar por rematada esa etapa. Como é a vida profesional dos seus creadores desde entón?  Cóntano en “Entertainment”, unha serie en forma de falso documental sobre o día a […]

By |Marzo 13th, 2015|NOVAS|0 Comments

Burnin’ Percebes presentarán en Carballo a súa longametraxe “Searching for Meritxell”

Aquí vai outra das confirmacións do II Carballo Interplay, anunciada polos seus protagonistas:

Estes son Nando Martínez e Juan González, máis coñecidos como Burnin’ Percebes, a noite da estrea da súa primeira longametraxe, “Searching for Meritxell”, o pasado viernes na Cineteca de Madrid. Alí estuvimos acompañándoos, que para algo fuoron premiados na primeira edición do Carballo Inteplay. A súa webserie […]

By |Marzo 9th, 2015|NOVAS|0 Comments

O Proxecto Socheo achégase a Carballo para recuperar a memoria audiovisual da comarca

O Carballo Interplay organiza este ano un obradoiro de recuperación do patrimonio audiovisual de Carballo en colaboración co IES Isidro Parga. Realizarase ao longo do mes de marzo, impartido pola produtora Beli Martínez, unha das responsables do Proxecto Socheo, que naceu en 2012 como unha iniciativa da sociedade civil para localizar, estudar, inventariar e dar a […]

By |Marzo 3rd, 2015|NOVAS|0 Comments