Xoves ás 22:30h. Pazo da Cultura. Entrada libre ata completar aforo.

A longametraxe Estirpe, dirixida polo coruñés afincado en Madrid Adrián López, preséntase por primeira vez en Galicia tras pasar polo Festival de Málaga.

Financiada mediante crowdfunding, Estirpe pretende contar a historia dun cómic de culto que xamais existiu. Superheroes, nazis e militares da España franquista mestúranse na trama. Intérpretes: Sergio Peris-Mencheta, Silvia Alonso, Rubén Sanz, Nacho Aldeguer, Rocío León, Javier Botet, Ignatius Farray, Ángela Durán, Fabio León.  BSO de Xoel López.

CARTEL-ESTIRPE-verESP-paraweb

“Estirpe”, publicado en 1969, convértese nun clásico da historia do cómic, mais o seu autor desaparece misteriosamente. 44 anos despois, unha produtora que quere adaptala ao cine encárgalle a María, avogada, que atope o seu autor para conseguir os dereitos…

Con tres niveis de narración entrecruzados, a película, en mans de Adrián López, conta mediante flashbacks cómo se creou o cómic en 1969 e por qué desapareceu o seu autor. Nun tono máis documental relata as circunstancias do seu regreso e a adaptación da súa obra. E, por último, nun exercicio de metacinema, fragmentos do filme xa rodado, que nos dan máis pistas para completar o crebacabezas da historia.