Impartido por Alfonso Zarauza

PRAZAS ESGOTADAS

16 horaszarauza
20 prazas (preferiblemente estudiantes de arte dramático,
escolas de interpretación, actores e actrices profesionais)
8, 9 y 10 de abril de 10-13 y 16-19 horas
30 euros

 

Obradoiro teórico/práctico de dirección de actores para cine
baseado na miña propia experiencia profesional.

 

OBXECTIVOS. Aproximación ao traballo de dirección de actores   posta en escea. Procederase a análise, secuencia por secuencia, do filme “Os fenómenos” e “Encallados” dende o punto de vista actoral e da dirección de actores. O resto do curso traballaranse diferentes propostas de posta en escea entre Zarauza e as/os actrices/actores participantes no curso, dende esceas destes filmes propostos ou ben doutros que os participantes propoñan, eso sí as esceas propostas polos participantes nunca poderán exceder os tres minutos de duración.

 

Alfonso Zarauza. Director de seis curtametraxes, cinco videoclips, unha teleserie:“O nordés” (2010) e catro longametraxes “A noite que deixou de chover” (2007); “Encallados” (2012); “Os fenómenos” (2013); “A viaxe dos Chévere” (2014). Recibiu o premio ao mellor director en competencia internacional de longametraxe por “A noite…” no festival de Viña del mar (Chile, 2008) e o premio do xurado no Brussels International Film Festival (2011) polos fenómenos; ademais dos premios Mestre Mateo ao mellor director no 2009 por “A noite”, 2010 por “O nordés” e 2015 por “Os fenómenos”. Guionista das longametraxes “A ilha da morte” longametraxe cubano/brasileira (2004) dirixida por Wolney Oliveira; “A noite que deixou de chover”; “Encallados”; “Os fenómenos”; “A viaxe dos chévere” e “A extranxeira” todas elas coescritas e dirixidas por él mesmo e polas que recibiu tres premios internacionais ao mellor guión de longametraxe nos festivais Los Ángeles (L.A.L.I.F.F 2006) por “A noite que deixou de chover”; Trieste (Italia, 2008) por “A ilha da morte” e Fortaleza (Brasil) por “Os fenómenos” no XXIV festival iberoamericano de Fortaleza . Ademáis recibiu os Mestre Mateo ao mellor guión por “A noite” (2008) e “Os fenómenos” (2015).

INSCRÍBETE